Cándido Pazó foi o primeiro dramaturgo residente do Centro Dramático Galego (CDG),  un proxecto no que escribiu A Piragua, un texto sobre a violencia de xénero que puxo en escena a compañÃa Abrapalabra no ano 2006. Dous anos despois, e con numerosos premios ás súas costas (entre eles, catro MarÃa Casares), A piragua regresa ao Salón Teatro. Con ela péchase a temporada do Salón Teatro e do Centro Dramático Galego (2008-2009) que abre paso ao habitual parón estival. Sen embargo, o que xa non é tan habitual é que estas datas se aproveitan para facer as audicións, e concretar os proxectos da vindeira temporada que, de momento, non se está a realizar. 
                    						
                                             
        
                                                                                    
                                        
                                      






