O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este xoves 20 de xaneiro a estrea da última produción do Centro Dramático Galego. Cándido Pazó dirixe A peste, obra na que adapta o texto clásico de Albert Camus e que convida a "reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise".
A corentena á que se ve sometida poboación da cidade de Orán nunha praga de peste e as diferentes perspectivas coas que os habitantes se enfrontan a esta situación serven de fío a unha obra que, segundo Pazó serve tamén "para falarmos tamén nós, agora desde a metáfora escénica, das actitudes individuais ante todo tipo de hecatombes colectivas. Da solidariedade e do compromiso persoal como expresión modesta, pero sobranceira, do que cada quen pode e quere dar. Do valor e do sentido da vida humana en si mesmos e non supeditados a causas superiores: relixiosas, políticas, ideolóxicas...".
A produción congrega unha quincena de intérpretes sobre o escenario, o que supón un retorno do CDG ás producións de grande formato. Nacho Castaño Castaño, Luis Iglesia, Evaristo Calvo, Santi Romay, Xurxo Cortázar, César Cambeiro, Santi Prego, Marcos Orsi, Carlos Sante, Tone Martínez, Salvador del Río, Paku Granxa, Rebeca Montero, María Roja e Casilda Alfaro cargan coa parte actoral do proxecto. Canda a eles, o espectáculo conta con Dani Trillo na escenografía, Martina Cambeiro no vestiario e maquillaxe, Afonso Castro na iluminación, Belén Pichel na asistencia de dirección, e Keka Losada na asistencia de produción.
A montaxe presentada hoxe foi concibida de xeito específico e exclusivo para a súa posta en escena no Salón Teatro. Con esta aposta, o CDG quere impulsar este espazo "como referente cultural para a cidadanía de toda Galicia", e promoveu a contratación de autobuses para facilitar a asistencia de público dunha ducia de concellos.
A obra estará en Compostela ata o 13 de marzo, cando iniciará a súa itinerancia, e achegará arredor de corenta representacións na cidade. Nas funcións, que se desenvolverán de mércores a domingo, inclúense as Sesións descontraídas, cun "ambiente máis relaxado que o dunha representación teatral ao uso", e maior tolerancia ao ruído e ao movemento entre o público, o que as fai especialmente axeitadas para persoas con "déficit de atención, deficiencia intelectual, espectro autista ou deficiencias sensoriais, sociais ou de comunicación", segundo explica o CDG.
De xeito paralelo, desenvolverase o ciclo Improversións, que achegará cada luns, entre o 24 de xaneiro e o 7 de marzo, diferentes improvisacións ao Salón Teatro. Antía Costas, Marta Doviro, Arturo Cobas, Pablo Navas, Antón Coucheiro e Cayetano Lledó ofrecerán pezas teatrais improvisadas a partir da temática e da atmosfera da montaxe do CDG. O proxecto está dirixido por Antón Coucheiro.
Na presentación da obra, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, lembrou que o CDG prevé desenvolver ao longo deste semeste as producións Ás oito da tarde, cando morren as nais, texto de Avelina Pérez e con dirección de Marta Pazos, ademais de seis coproducións entre as que se atopa Continente María. Esta proposta enmárcase nas celebracións do centenario de María Casares e será desenvolvido por Ainé Producións para estrea o vindeiro mes de maio.