Cándido Pazó estréase como director e escritor dramaturgo en “A piragua”. Unha historia arredor da violencia de xénero coas xuntanzas dunha reunión da comunidade de veciños como pano de fondo. Esta obra convértese na terceira estrea da temporada do Centro Dramático Galego e nun novo “modus operandi” para o teatro público, xa que a montaxe é un encargo a este coñecido actor como “autor residente”. Susana Dans e Xosé Manuel Olveira “Pico”, protagonizan esta obra.
Máis información no web do IGAEM, en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego e en Galicia Hoxe