O Salón Teatro reserva para o teatro portugués boa parte da súa programación mentres a NASA inicia o ciclo Portugaliza

Chegan táboas lusitanas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As propostas teatrais do Alén Miño están a acadar estes días unha especial relevancia. Onte mesmo o Salón Teatro de Compostela presentaba a súa programación, na que se inclúe unha nutrida presenza de formación lusas. Un acordo do Centro Dramático Galego e o Instituto Camões garantirá a presenza de diferentes propostas do Sur dentro dun programa que reúne un total de quince compañías e 46 funcións. Ao tempo, a Nave de Servizos Artísticos, tamén en Compostela, inicia esta mesma noite o seu xa habitual ciclo Portugaliza, no que participan formacións teatrais e musicais do país veciño.

Máis información en Galicia Hoxe, no web do IGAEM e en La Voz de Galicia; o ciclo da NASA en El Correo Gallego e no web da sala

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, NASA, Salón Teatro, IGAEM...