A celebración do Día de Galicia multiplica os actos festivos e políticos por todo o país, con especial relevancia para Compostela

O día grande

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O país está mañá de festa. O Día de Galicia, Santiago de Compostela asume máis ca nunca a súa condición de capital e concentra un bo número de eventos festivos, culturais e políticos. Esta mesma noite poderán verse na Praza do Obradoiro os tradicionais fogos de artificio, e pouco despois diferentes propostas musicais encherán as rúas da cidade. O Festigal no Campus Sur, que continuará mañá, Amparanoia na Quintana, Banda Bassotti e outros grupos no parque de Belvís... As propostas multiplícanse, e continúan mañá con eventos coma a Ofrenda Rexia ante o Apóstolo e todo tipo de celebracións e manifestacións.

Máis información en Galicia Hoxe, en Santiago Turismo en Vieiros, no web do Festigal e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Vieiros, Apóstolo, Galicia Hoxe...