Galicia celebra o seu Día Nacional

Unha programación festiva define as celebracións do 25 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Galicia celebra o seu Día Nacional

Aínda que boa parte dos organizadores de eventos non a teñen todas consigo por mor do mal tempo, Santiago de Compostela converterase mañá no epicentro do país coas celebracións do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia. A festa comezará hoxe á noite coa tradicional queima da fachada da Catedral na Praza do Obradoiro -que será transmitida pola Televisión de Galicia- e continuará coa actuación de Roy Paci & Aretuska, xusto despois, na Praza da Quintana. Ademáis, o Festigal reúne concertos, obradoiros, mesas redondas e exposicións entre o 24 e 25 de xullo no Campus Sur da Universidade de Santiago. Os actos oficiais comezarán coa tradicional ofrenda ao Apóstolo do Delegado Rexio, que este ano será Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta, e ao mesmo tempo os partidos políticos celebrarán a súa tamén habitual manifestación.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Apóstolo, Exposicións, Catedral...