A protesta contra o decreto do galego leva a Feijóo á súa primeira folga

A manifestación comeza ás 11:30 na Alameda e rematará no Obradoiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Santiago acolle hoxe a primeira folga desde que Alberto Núñez Feijóo é presidente da Xunta, e a cuarta manifestación a prol do galego en menos dun ano. 400.000 galegos (entre docentes e alumnos de Primaria e Secundaria) están chamados á folga convocada pola plataforma “Queremos galego” porque, entre outros motivos, o decreto proposto polo goberno “non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüsticas tamén en galego". A manifestación sairá da Alameda ás 11:30 horas e rematará na Praza do Obradoiro e está amparada pola CIG, o STEG, UGT, CCOO e outras adhesións como a plataforma, Galego Patrimonio da Humanidade.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Secundaria, Patrimonio da Humanidade, CIG...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares