Masiva afluencia á manifestación da folga contra o decreto do galego

Callón reclama que se apliquen os mesmos criterios que nas outras comunidades con lingua propia

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Os manifestantes entrando na Praza do Obradoiro. Foto: culturagalega.org

Os manifestantes entrando na Praza do Obradoiro. Foto: culturagalega.org

Unha longa manifestación está a encher as rúas de Compostela nestes momentos, promovida pola plataforma Queremos Galego, coincidindo co paro do ensino en protesta polo borrador do decreto que introduce o reparto de tercios lingüísticos no sistema educativo de primaria e secundaria. Carlos Callón, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística reclamou que a Xunta retire o borrador e aplice "os mesmos criterios educativos que noutras comunidades con lingua propia gobernadas por diferentes partidos políticos".

Aquí podes ver unha panorámica da Praza do Obradoiro no momento dos discursos.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Callón, Normalización Lingüística, Secundaria, Mesa pola Normalización Lingüística...