Lino Braxe e Sarabela están de estrea mentres Laura Alonso e Mabel Rivera participan nunha ópera

Estreas de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
"A amarga emoción do perdido" é o título co que Lino Braxe retorna á dirección teatral. Unha breve obra de "teatro haiku" que, segundo o autor, recupera a historia de Inés de Castro e que chega a Compostela estes días. Ao tempo, Sarabela Teatro achega a Narón "Cristobo e as marabillas", unha proposta na que se introducen na historia do descubridor de América. Pola súa banda, a actriz Mabel Rivera achégase ao xénero operístico a participar como narradora en "The rescue of Penelope". Esta montaxe, que a Sinfónica de Galicia leva hoxe a Vigo e mañá à Coruña, conta tamén coa soprano galega Laura Alonso.

Máis información en Galicia Hoxe sobre a obra de Braxe e sobre a ópera; a obra de Sarabela no web do IGAEM

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mabel Rivera, Lino Braxe, Ópera, Teatro...