"Un musical á galega" ambientado nos dÃas previos ao comezo da Guerra Civil, é a nova proposta de Teatro do Noroeste. A obra presentábase este venres co tÃtulo de "Imperial: Café Cantante", en Compostela, a coincidir ademais coa publicación dun libro e dun disco sobre o mesmo tema. Precisamente neste presentación saltou a polémica ao denunciar Miguel Anxo Fernán Vello, editor deste material, non ter recibido axudas do IGAEM para o proxecto. Esta acusación veuse respondida por Néstor Rego, concelleiro compostelán de cultura, e derivou ao longo da fin de semana nun cruce de declaracións no que tamén participou Francisco Pillado. A obra estréase hoxe no Teatro Principal da capital galega.
Máis información en La Voz de Galicia; a presentación da obra e a resposta de Néstor Rego en Galicia Hoxe