As mulleres centran a gala na que a Asociación de Actores entrega os premios María Casares

O teatro en feminino

27/3/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hoxe, 27 de marzo, é o Día Mundial do Teatro. Para celebralo, a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia entregará esta noite os premios María Casares, cos que galardoa a mellor representación teatral. O musical “Imperial Café Cantante” é a montaxe favorita con dez candidaturas, seguida polo Centro Dramático Galego con outras cinco por dúas representacións. A Galega emitirá a gala que, segundo os organizadores, será unha homenaxe ás mulleres.

Máis información no web da AADTEG, en Galicia Hoxe e sobre anteriores candidaturas na nosa hemeroteca. Sobre a obra "lmperial Café Cantante" le o noso tema. Consulta a listaxe dos candidatos aquí (en pdf)

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, María Casares, Mulleres, Premios María Casares...