A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena entregará o 27 de marzo na Coruña os premios María Casares

Días para o teatro

17/2/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As producións do Centro Dramático Galego, “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” e “O ano do cometa” xunto con “Fobias” de Lagarta, Lagarta e “O encoro” da compañía Teatro do Atlántico, son as principais montaxes candidatas aos premios María Casares que se entregarán o día 27 de marzo no Teatro Rosalía de A Coruña. O evento, convocado pola Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena (AADTEG), será retransmitido pola TVG e estará presentado por Mabel Rivera coa participación de Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo.

Máis información no web da AADTEG e consulta a listaxe de candidatos aquí (en .pdf)

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, María Casares, Premios María Casares, A Coruña...