Fobias foi o mellor espectáculo nunha gala que entregou sete estatuíñas ao CDG

O teatro premia a fobia

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A adaptación de “O ano da cometa” que fixo Quico Cadaval foi a gran vencedora dos María Casares, os premios do teatro galego. A produción do Centro Dramático Galego fíxose con seis premios, mentres que a outra montaxe coa que a institución optaba a tres estatuíñas, “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” obtivo o galardón a mellor maquillaxe. Non obstante, a obra de “Lagarta Lagarta”, “Fobias”, foi a merecedora da estatuíña a mellor espectáculo. Completa a listaxe de gañadores, Rosa Álvarez mellor actriz protagonista (por “Fobias”), Xulio Lago mellor director (por “O encoro”), Roberto Leal mellor actor protagonista (por “Indignos”) e Toño Casais como mellor actor secundario (por “O encoro”).

Máis información en La Opinión, La Voz de Galicia e consulta os candidatos (en .pdf)

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Teatro, Lagarta, Rosa Álvarez...