"A raíña da beleza de Leenane" e "Imperial Café Cantante" protagonizan os premios de teatro María Casares

María no café

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Malia a non ser a obra máis premiada, "A raíña da beleza de Leenane" de Teatro do Atlántico foi a gañadora na gala dos Premios María Casares que se celebrou onte na Coruña. Os premios ao mellor director, mellor espectáculo e mellor adaptación celebraron a calidade desta produción. Canda a ela, "Imperial Café Cantante" de Teatro do Noroeste levaba a mellor escenografía, texto orixinal, música orixinal, vestiario e iluminación, a metade das candidaturas que acumulaba. Pola súa banda Luís Tosar fíxose co premio a actor protagonista polo seu traballo en "Hamlet".

Máis información en La Voz de Galicia; en El País e en La Opinión

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, María Casares, Luís Tosar, Espectáculo...