IlMaquinario e Chévere impóñense nos María Casares

Voadora non obtivo ningún dos dez galardóns aos que aspiraba

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Gañadores dos María Casares

Gañadores dos María Casares

Cinco galardóns, os de vestiario, iluminación, adaptación-tradución, dirección e espectáculo, consagraron onte Perplexo de IlMaquinario teatro como mellor obra do ano. A compañía resultou premiada en cinco das nove categorías dos Premios María Casares en que competía. Seguiuna Chévere, que obtivo 3 premios (mellor música orixinal, mellor texto orixinal, e mellor actor secundario pola súa Ultranoite no país dos ananos. A grande derrotada da noite foi A tempestade de Voadora, que logo de acumular 10 candidaturas e aparecer como unha das favoritas, non obtivo un só galardón. A casa do avó de Tanxarina, fíxose co premio ao mellor espectáculo infantil que se concedeu este ano por vez primeira.

No transcurso da gala que se celebrou onte na Coruña, Vicente Montoto recibiu o premio de Honra Marisa Soto e Xurxo Borrazás leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia organiza cada ano estes galardóns.

GAÑADORES DOS PREMIOS MARÍA CASARES 2015
Perplexo (IlMaquinario Teatro) 5 premios: mellor vestiario (Yaiza Pinillos), mellor iluminación (Tito Asorey e Germán Gundín), mellor adaptación-tradución (Catuxa Pato e Tito Asorey), mellor dirección (Tito Asorey), mellor espectáculo.
Ultranoite no país dos ananos (Chévere) 3 premios: mellor música orixinal (Xacobe Martínez Antelo), mellor texto orixinal (Manuel Cortés), mellor actor secundario (César Goldi)
Kassa (Elefante Elegante) 1 premio: mellor escenografía (Carolo Losada Soto)
Pequenas certezas (Sarabela Teatro) 1 premio: mellor maquillaxe (Raquel Fidalgo)
PAN! PAN! (A Panadaría) 1 premio: mellor actriz secundaria (Areta Bolado)
O feo (CatroCadeiras) 1 premio: mellor actor protagonista (Machi Salgado)
Meu Ben (Eme2) 1 Premio: mellor actriz protagonista (Elina Luaces)
A casa do avó (Tanxarina) 1 Premio: mellor espectáculo infantil

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Premios María Casares do Teatro Galego

Ver serie completa
A gran festa do teatro repartiu os seus galardóns

A gran festa do teatro repartiu os seus galardóns

Eroski Paraíso e O Tolleito de Inishmaan acumularon os premios María Casares nun ambiente de humor e reivindicación

Unha noite para o Atlántico

Unha noite para o Atlántico

Teatro do Atlántico triunfa nos XX Premios María Casares

Do mesmo ámbito