Os XX premios María Casares, que se entregaron na noite de onte, viñeron con algunha sorpresa. Se Teatro do Atlántico, que era favorito con O Principio de Arquímedes confirmou as previsións e foi para a casa con cinco figuras, entre elas as de mellor director e mellor espectáculo, as outras obras que partían cun maior número de opcións non viron recompensadas as expectativas. Pola contra, o Centro Dramático Galego, fixo case un pleno e levou tres dos catro premios aos que estaba nomeado por Xardín suspenso, que foi a segunda produción máis valorada polo sector.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) viviu onte a súa grande noite coa gala dos XX Premios María Casares, que se celebrou no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e que se puido seguir vía streaming polo web da CRTVG. O evento serviu para conmemorar os vinte anos destes galardóns e mais os trinta que cumpre a propia AAAG, que organiza o evento. Ademais, lembrouse o centenario das Irmandades da Fala, e o vixésimo cabodano da actriz María Casares. O premio de Honra Marisa Soto á Revista Galega de Teatro marcou un dos momentos máis emotivos da noite.
Arquímedes
Os premios de mellor adaptación-tradución para Afonso Becerra, actor secundario para Alberto Rolán, actor protagonista para Toni Salgado, director (Xúlio Lago) e espectáculo que acumulou O principio de Arquímedes fixeron de Teatro do Atlántico a grande vencedora da noite, ao conseguir premios en cinco das oito candidaturas en que competía. Precisamente, ao igual que a AAAG, a compañía cumpría recentemente tres décadas de actividade.
A montaxe aborda as acusacións de pederastia que sofre un monitor de natación a partir dun texto de Josep Maria Miró e Coromina, unha aposta temática pouco habitual na escena que puido atraer votos do sector. O director, Xúlio Lago, considera no entanto que "os premios recoñecen un conxunto de cousas. A estrutura do texto é moi potente, os contidos teñen que ver co tempo no que vivimos e todos nos sentimos reflectidos no que acontece sobre o escenario. Logo hai tamén un traballo actoral importante, un labor escénico que non é común e unha música especialmente coidada. Reúnense elementos artísticos e temáticos, políticos e sociais que penso que se valoran como un conxunto". Á hora de valorar os premios para esta obra, Lago sinala que "estou sorprendido para ben que se recoñecese, e agrádame porque estamos nun tempo de banalidade terrorífica no teatro ou na televisión. Este recoñecemento amosa que neste ámbito non se asume esa banalidade, e isto reconfórtame".
Sobre o grande éxito que obtivo a obra nas votacións, apunta que "premio só hai un e candidatos sempre hai varios. Espectáculos como Memoria de Helena e María do que teño moi bo recordo, optaba no seu día sete e non levou ningún premio. Hai unha serie de variantes que fan que o mellor sexa non ter expectativas ao respecto dos premios e darlles un valor relativo".
Veteranía
É de destacar a importante presenza que nesta vixésima edición tiveron algunhas da compañías máis veteranas do noso sector. Así, a máis nova desas tres favoritas, que competían entre si tamén pola mellor obra, era Teatro do Morcego, nada en 1989. A situación contrasta con anos anteriores nos que compañías recentes conseguían colocarse entre as que tiñan máis opcións aos premios. Encol desta distribución de candidaturas, Guillermo Carbajo, vocal da AAAG, apunta que "había compañías novas que non presentaron espectáculo este ano. O ano pasado, por exemplo, Ilmaquinario acumulara moitas nominacións, pero este non sacou nada novo. Entón depende moito do que se presente". A maiores, Carbajo apunta as dificultades ás que se enfrontan as novas formacións para conseguir situarse nos mellores postos de saída para estes premios. "Sempre resulta unha sorpresa que algunha delas consegue estar nominada. Cando un comeza é sempre moito máis complicado conseguir candidaturas. A profesión ten que ir a te ver, e acadar iso é complicado".
Factores
Semella que tamén racharon outras tendencias nos premios como é a especial visibilidade que, segundo recoñece Carbajo, acadan as montaxes de maior tamaño. Cando menos no caso de Ensaio sobre a cegueira, que pon sobre escena nove actores e actrices e que só conseguiu un galardón. "Penso que ese factor si de deixa sentir. Os espectáculos de grande formato normalmente teñen máis nominacións. O mesmo acontece coa distribución, aqueles que chegan a máis sitios fanse máis visibles, e iso facilita a votación". De calquera xeito, cómpre destacar que das obras máis premiadas, O principio de Arquímedes é de meio formato, con catro intérpretes sobre as táboas, e Xardín suspenso supera a media habitual no noso teatro con seis. A incidir nos diferentes factores que poden decidir os votos, Xúlio Lago apunta tamén que "as votacións teñen que ver con se os espectáculos foron mais ou menos vistos, cos gustos persoais dos votantes, as súas simpatías e antipatías, ou mesmo co día no que viron o espectáculo, que puido cadrar unha función espantosa".
O CDG
Precisamente o recoñecemento que obtivo o Centro Dramático foi unha das sorpresas desta edición. A obra que dirixiu Cándido Pazó sobre un texto de Abel Neves como segunda con máis galardóns, os de iluminación (Afonso Castro), escenografía (Carlos Alonso) e actriz protagonista, (para Melania Cruz, ex-aequo con Mela Casal, de Redrum Teatro), supoñen un fito no apoio do sector a esta entidade. "Non chegou con moitas candidaturas pero é certo que recuperou posicións a respecto de anos anteriores", apunta Carbajo, "quero pensar que é polo espectáculo". Recoñece no entanto entanto que "é certo que o CDG ás veces non recibe as nominacións que merecería e, tampouco nesta ocasión ten demasiadas. Non sei se se é que non está ben visto pola profesión ou o que acontece".
Espazo familiar
Feo!, de Caramuxo Teatro impúxose no premio ao mellor espectáculo infantil, un galardón que conta apenas con dous anos de existencia pero que responde á efervescencia deste tipo de producións. "Os asociados votamos que existise porque pensamos que era importante darlle visibilidade a un formato que cada vez ten máis presenza, sabiamos que non se ía dar o caso de que non houbese abondos espectáculos para nomear", explica Carbajo. Eu estou totalmente a favor desa visibilidade, penso que en ocasións se trata como un espectáculo menor, cando temos compañías que traballan con moitísima calidade".
Outros premios
Os galardóns para Teatro do Atlántico contrastan cos que finalmente obtiveron as outras montaxes con maior número de nomeamentos. Así, Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela tivo que se conformar co premio á mellor maquillaxe para Raquel Fidalgo entre os sete aos que optaba, mentres Teatro do Morcego e o seu Presidente só acadou un, o de mellor actriz secundaria para Iolanda Muíños, dos cinco nos que estaba como finalista. Para alén das dúas producións máis recoñecidas, o reparto dos galardóns non difire moito do doutros anos, cun grande número de compañías que levan cadansúa figura. Destaca, no entanto, o empate no premio á mellor actriz protagonista, que foi ex aequo para Melania Cruz e Mela Casal. Os premios completáronse co de mellor vestiario para Marián Bañobre por O furancho de Ibuprofeno Teatro, a mellor música orixinal que foi para Monica de Nut, Vadzim Yukhnevich e Javi Bermejo por Manawee, de Matrioshka e mais o de texto orixinal, que levaron Diana Mera, Merche Pérez e Teté García por 30 e tanto ósos, de Aporía Escénica.
Encol do reparto, Lago apunta que "nós na compañía penamos que os premios son sempre xustos, porque todos os que no país se dedican a este oficio teñen valor suficiente para ser agasallados polos compañeiros de profesión ou polos programadores. Enton penso que todos foron xustos, aínda que sempre che gustaría que outros compañeiros valorasen o mesmo que a ti che resultou rechamante".
O valor dos premios
Malia ao recoñecemento que supoñen os premios María Casares, estes galardóns non supoñen de entrada unha melloría nas expectativas de éxito dunha obra. Segundo Xúlio Lago, "lamentablemente estamos nun contexto de contratación moi cativo. Aí inflúe se a obra é pouco ou moi divertida ou os custos económicos da funcións, nun contexto no que os orzamentos dos concellos tiveron unha rebaixa terrorífica. A experiencia amosa que os premios non melloran as contratacións, cando menos a nivel galego. Daríame por feliz se isto supón que contratamos cinco funcións non previstas de aquí a decembro". Recoñece, no entanto, o apoio que supón para os profesionais o recoñecemento da profesión. "Ten outras compensacións afectivas, emotivas, de estímulo. O premio significa que a proposta chegou ás persoas que valoran o teatro doutro xeito e isto debe ser unha satisfacción suficiente".
A gala
A gala de entrega foi ideada e conducida por Chévere, que artellou un musical no que Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Arantza Villar, Mónica García, Borja Fernández, Manuel Cortés, Cristina Iglesias, Marcos Ptt, César Goldi foron os encargados de pór en escena unha serie de números nos que non faltaron as referencias ao propio sector. Parodias sobre o estilo das compañías, a amosar teóricas versións de Hamlet de varias delas ou un sketch sobre as diferentes actitudes dos nomeados que asisten a gala non deixaron a ninguén a salvo. Tampouco faltou, como era de agardar, o compoñente reivindicativo do acto. O dicurso de Vicente Mohedano,presidente da AAAG , reclamou que as institucións e a propia profesión se esforcen para favorecer o sector, a apontar de xeito particular á TVG e mais ao Centro Dramático Galegos. O Manifesto polo Día Mundial do Teatro, a cargo da xornalista Montse Dopico co título Existe o teatro galego?, tamén incidiu na necesidade de potenciar unha cultura de base fronte a unha excesiva institucionalización. Nas súas propias palabras "En demasiadas ocasións, ao referirnos ao teatro ou a cultura estamos a falar das institucións, coma se fosen elas quen fixeran cultura. A cultura pertence á base social. E iso non quere dicir que non debamos esixirlles ás administracións que cumpran co seu deber, sinalaba a falar do seu texto. Canda a isto, sinalou que "no teatro fai falla crítica, mais tamén autocrítica. Tamén apareceron, por parte de varios do galardoados, referencias ao IVE Cultural e á situación da nosa lingua, e non faltaron lembranzas para os titiriteiros detidos en Madrid por suposto enaltecemento do terrorismo nin reclamación de diálogo á Xunta de Galicia.
A comentar o acto, Lago destaca que "a gala fíxome moi feliz como membro desta profesión. Foi espléndida e fermosísima, cun enorme nivel creativo e profesional, e unha inmensa capacidade e seriedade no traballo. Eu noto nos últimos anos que as galas dos María Casares teñen un nivel moi alto".