Mellor espectáculo, mellor director, mellor escenografía, mellor vestiario (compartido con “Teatro do Morcego”) e mellor actor secundario son os galardóns para “Noite de Reis” a montaxe do Centro Dramático Galego. A outra montaxe do CDG, "A Piragua", acadou catro: mellor iluminación, música orixinal, mellor actriz secundaria (para Susana Dans) e o de mellor texto orixinal para Cándido Pazó, que se estreaba neste apartado. “As últimas lúas”, finalista en nove categorías, só acadou o de mellor actor principal, que levou Ernesto Chao.
Noite de Reis vence nos María Casares con cinco premios
Unha noite de Reis
2 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Conceptos

