O mellor espectáculo teatral do ano pasado foi, para a profesión, Eurozone de Chévere. A montaxe que recrea a crise de Europa, adaptándoo á estética do filme de Tarantino Reservoir Dogs, foi a gran vencedora da noite ao recibir tamén a xerra que os recoñece como mellor iluminación, escenografÃa e a interpretación de Patricia de Lorenzo como actriz secundaria. Seguiuno, As do peixe, a homenaxe ás mulleres traballadoras das conserveiras de Cándido Pazó, que recibiu tres galardóns: mellor texto orixinal, mellor dirección (de Cristina DomÃnguez) e mellor actriz protagonista (Susana Dans).
O palmarés complétase cos dous premios de Bye, Bye Honey un para a música de Carlos Mosquera “Mos”, e outro para a interpretación de César Goldi como actor de reparto. Levaron un premio, a adaptación de Xosé Manuel Pazos Varela para Teatro do Atlántico en A charca inútil; o vestiario de UxÃa P. Vaello para Voadora en Waltz, a maquillaxe de Trini Silva e C´est la vie de Matrioshka Teatro. O mellor actor protagonista foi Josito Porto polo seu monólogo en As mil vidas de Matias Houseman. A gran esquecida da noite foi a compañÃa de nova creación Il Maquinario Teatro que non obtivo ningún dos seis galardóns aos que era finalista.
Gañadores dos MarÃa Casares.O palmarés complétase cos dous premios de Bye, Bye Honey un para a música de Carlos Mosquera “Mos”, e outro para a interpretación de César Goldi como actor de reparto. Levaron un premio, a adaptación de Xosé Manuel Pazos Varela para Teatro do Atlántico en A charca inútil; o vestiario de UxÃa P. Vaello para Voadora en Waltz, a maquillaxe de Trini Silva e C´est la vie de Matrioshka Teatro. O mellor actor protagonista foi Josito Porto polo seu monólogo en As mil vidas de Matias Houseman. A gran esquecida da noite foi a compañÃa de nova creación Il Maquinario Teatro que non obtivo ningún dos seis galardóns aos que era finalista.