Mellor dirección, mellor vestiario, mellor maquillaxe, mellor produción, mellor montaxe, mellor dirección artÃstica, mellor son, mellor realización mellor guión e mellor serie de televisión. Un total de dez estatuÃñas levou para casa o Grupo Voz por “As leis de Celavella”. Foi a gran vencedora dunha gala que deixou a “León e Olvido” como mellor pelÃcula, a Marta Larralde como mellor actriz protagonista e a Fernando Fernán Gomez como mellor actor. Cuestión de lei.
Non é a primeira vez que “As leis de Celavella” vence na gala dos Mestre Mateo. O traballo do Grupo Voz fÃxose con nove estatuÃñas no 2004, vencendo daquela a “Pratos Combinados” e a “Terra de Miranda”. Igual que hai dous anos, “As leis” chegaba á gala con outros dous rivais, neste caso “Libro de familia” e “O Soño dunha noite de San Xoán”, a priori gran favorita tras conseguir o Goya a mellor longametraxe de animación. E, tal e como aconteceu hai dous anos, “As leis” alzáronse como os gran vencedores con nove Mestre Mateo.
A lei do par
A votación dos membros que conforman a Academia Galega do Audiovisual puxo ás “Leis de Celavella” como gran vencedora e deixou tras de si un regueiro de empates a dous. Dous foron os galardóns que levou “León e Olvido” de Xabier Bermúdez, o de mellor pelÃcula e mellor actriz protagonista, que fixo valer a interpretación de Marta Larralde. Dous foron os que levou a produción de Continental “HeroÃna”, onde se recoñeceu o traballo de Carlos Blanco e de MarÃa Bouzas. Dous foron tamén para “O soño dunha noite de San Xoán” que foi premiada pola banda sonora de Arturo Kreuss e o de montaxe que comparte, como non podÃa ser doutro xeito, con “As leis de Celavella”. O tándem continuou con “MentÃndolle á vida” de Adivina Producions, que foi galardoada como mellor pelÃcula para televisión e mellor fotografÃa.
HabÃa outra lei, que era a da dinámica televisiva xa que a gala foi retransmitida en directo pola TVG. Sobre o evento planaban os temores de que se fora pesado e lento como acontecera na última edición dos Goya e que un número tan elevado de categorÃas (26) o ralentizaran máis aÃnda. Sen embargo, un guión rápido, os gags de LuÃs Piedrahita e Iolanda MuÃños, asà como unha entrega áxil fixo que en pouco máis de dúas horas rematase a festa do audiovisual.
Excepcións á lei
O resto de premios foron moi repartidos entre as empresas que configuran o audiovisual galego actual. A interpretación de Fernando Fernán Gómez na produción de Continental “Para que non me esquezas” obtivo o premio a mellor interpretación masculina. A curtametraxe de Mireia Giró “Quérote mal” sumou un máis na súa imparable carreira de premios. Dygra Films engadiu á súa nómina de dous premios por “O soño” o de mellor curtametraxe de animación por “O retorno da lei” mentres que Lúa Films e I.A.C.E obtiveron o seu recoñecemento pola produción de publicidade “Caixanova, onde nacen as ideas”. Iolanda Castaño foi galardoada como mellor comunicadora de televisión polo programa que facÃa no Centro Territorial de Televisión Española, “Mercuria”. Unha representante desta mesma casa subiu a recoller o premio a mellor programa de televisión polo espazo “Consumidores”.
As disposicións adicionais
O traballo que desenvolveron en prol do audiovisual nos anos oitenta un grupo de mozos coruñeses que se agruparon baixo o nome “Grupo Imaxe” foi merecedor do premio especial Fernando Rey, que instaurou a Academia para galardoar as traxectorias profesionais. Carlos Amil, Carlos López Piñeiro, Manuel Abad e Xabier Villaverde foron algúns dos integrantes deste colectivo que tiveron en VÃctor Ruppén un dos seus máximos alicientes e en “A illa” unha das súas producións máis destacadas.
Por último, o premio José Sellier foi, a tÃtulo póstumo, para Marcial Lens, que tamén foi membro do grupo Imaxe e un dos primeiros empresarios do audiovisual galego recente.