Rodrigo Cortés consegue tres Goyas nunha noite na que Pa negre deu a sorpresa

O filme de Agustí Villaronga, rodado en catalán, conseguiu nove premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Mellor montaxe, mellor guión e mellor son. Son as tres estatuíñas polas que o ourensán Rodrigo Cortés subiu ao escenario na 25 gala dos Goya. Cortés, que además de ser o guionista, director, montador e intérprete da canción orixinal da súa segunda longametraxe Buried, foi a nota galega dunha gala que tivo un claro acento catalán. O filme de Agustí Villaronga, rodado en catalán, foi o gran vencedor da noite con nove premios, entre eles mellor película, mellor director, mellor actriz principal (Nora Navas) e secundaria (Laia Marull), mellor guión adaptado, mellor actor e actriz revelación (Francesc COlomar e Marina Comas), entre os máis importantes. Javier Bardem converteuse no actor máis laureado do cinema español ao incrementar a súa nómina de Goyas a mellor actor. Unha candidatura para o que tamén era finalista Luís Tosar.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Oitavo grao

Luis Tosar gaña o terceiro Goya por Cela 211, que conseguiu 8 estatuíñas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rodrigo Cortés, Guión, Luís Tosar, Secundaria...

Claves

Lugares