Oitavo grao

Luis Tosar gaña o terceiro Goya por Cela 211, que conseguiu 8 estatuíñas

15/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“Hoxe é un día grande para Galicia” asegurou Enma Lustres, produtora de Cela 211, cando subiu a recoller o Goya a mellor película a mans de Pedro Almodóvar, no que foi o reencontrodo do manchego coa Academia. Puña fin así a unha noite na que a coprodución galega foi a gran gañadora da gala con oito estatuíñas. Entre elas a de mellor dirección, mellor actriz de reparto (Marta Etura), mellor guión adaptado e mellor montaxe. Luís Tosar fíxose co premio a mellor actor protagonista co que suma xa tres Goyas na súa carreira. A gala, presentada por Andreu Buenafuente, tamén tivo un recordo para os profesionais do sector finados recentemente, entre eles, Jose Luis Cabo, Eloy Lozano ou Andrés Pazos.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Tosar, Pedro Almodóvar, Eloy Lozano, Guión...