Cela 211 arrasa nos premios Mestre Mateo con dez estatuíñas

A produción de Voz Audiovisual Matalobos foi recoñecida como mellor serie

16/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
32 lecturas | Compartido 0 veces
Mellor longametraxe, dirección de produción (Alicia Tellería), actor protagonista (Luis Tosar), actor de reparto (Luis Zahera), guión, montaxe (Mapa Pastor)…. así ata en dez ocasións subiu ao escenario o equipo de Cela 211. Foi a gran vencedora dunha noite na que Matalobos se impuxo a Padre Casares con tres estatuíñas entre as que figura mellor serie, mellor actriz de reparto (Camila Bossa) e realización (compartido ex aequo con O nordés). A gala, emitida en falso directo pola TVG, transcurriu entre as reivindicacións dos premiados e a homenaxe aos vinte e cinco anos da televisión pública.
A defensa do galego, a reivindicación de programas que xa non se emiten como Onda curta e referencias á situación da Televisión de Galicia sucedéronse ao longo da noite dos Mestre Mateo. Pero a reivindicación máis longa e fonda foi a de Enrique Banet, galardoado co premio de honra quen fixo unha defensa do ecoloxismo do país e achegou a súa idea do audiovisual “os edificios hainos que comezar pola base e, para min, a base é a formación”. Acto seguido, Banet criticou a existencia “profesionais da subvención” e pediu que as axudas vaian encamiñadas a “proxectos innovadores e a axudar a xente nova que son o noso futuro no sector audiovisual”. Rematou o seu discurso pedindo un cambio no modelo e papel da televisión pública que debera ser “un exemplo ético, libre, sen censura, independente e profesionalizada”.

son

Serbio Burmann, Carlos Faruolo e Jaime Fernández por Cela 211 Diego Kartaszewic, Carlos Mouriño, Andrés Quinteiro, Enrique Alfonso Segura Álvarez e Daniel Zahalka por Que culpa ten o tomate David Machado, Diego Staub e J.l Vázquez por Galadas (Agallas) Carlos Mouriño por Un bó home

montaxe

Jorge coira, Piu Go´mez, Alejo Hoijman, Ana Rewmón, Daniel Suárez e Paola Vieira por Que culpa ten o tomate Mapa Pastor por Cela 211 Guilermo Represa por Galadas (Agallas) Sandra Sánchez por Rafael

realización

Manuel A. Espiñeira por Padre Casares Carlos Dávila por Ruta 66 Toño López e Jorge Saavedra por Matalobos Marta Piñeiro e Alfonso Zarauza por O Nordés

comunicador TV

Xosé A. Touriñán por Botarse ao monte Xosé Barato por A miña famosa familia Xosé Lois Bernal "Farruco" por Vivir aquí Mayte Cabezas por A revista fin de semana

Direción de produción

Carlos Amoedo por Galadas (Agallas) Alfonso Blanco, Paula Fernández e Ana Míguez por Padre Casares Xabier Eirís por A Caixa Negra Alicia Tellería por Cela 211

Maquillaxe e perruquería

Natalia Arcay e Lorena Calvo por Matalobos Noelia Arcay e Beatriz Vázquez por Padre Casares Raquel Fidalgo e Inés Rodríguez por Cela 211 Susana Vieira por Rafael

Deseño de vestiario

Ruth D. Pereira por Galadas (Agallas) Julia Rodríguez por Padre Casares Montse Sancho por Cela 211 Saturna por Matalobos

Direción Artística

Curro Garabal por Gordos Antón Laguna por Cela 211 Antonio Pereira por Matalobos Marta Villar por Galadas (Agallas)

Direción de Fotografía

Suso Bello por O Club da Calceta Juan Carlos Castillo, Gastón Girod, Matías Javier Lago, Ricky Morgade, Carolina Navas e Sofía Oggioni por Que culpa ten o tomate Carles Gusi por Cela 211 Alfonso Parra por Dous de vintetantos

Música orixinal

Roque Baños por Cela 211 Xavier Font e Arturo Vaquero por Galadas (Agallas) Arturo Kress por Señora de Iván Laxe e Piti Sanz por O Nordés

Guión

Lidia Fraga, Carlos Portela e Víctor Sierra por Padre Casares Jorge Guerricoechevarría e Daniel Monzón por Cela 211 Alberto Guntín, Carlos Portela, Jose Rubio e Víctor Sierra por Matalobos Mario Iglesias por Relatos

Interpretación masculina de reparto

Carlos Bardem por Cela 211 Celso Bugallo por Galadas (Agallas) Xavier Deive por Matalobos Luis Zahera por Cela 211

Interpretación feminina de reparto

Camila Bossa por Matalobos Mela Casal por Conexión Teté Delgado por Gordos Marta Etura por Cela 211

Interpretación masculina protagonista

Pedro Alonso por Padre Casares Antonio Durán "Morris" por Padre Casares Luís Iglesia B. por Matalobos Luis Tosar por Cela 211

Interpretación feminina protagonista

Nera Barros por Rafael Mercedes Castro por Padre Casares Luisa Merelas por Matalobos María Vázquez por O Club da Calceta

Dirección

Jorge Coira, Alejo Hoijman, Marcos Loayza, Carolina Navas, Josué Méndez, Alejandra Szeplaki e Paola Vieira por Que culpa ten o tomate Mario Iglesias por Relatos Daniel Monzón por Cela 211 Daniel Sánchez por Arévalo Gordos

Obra Experimental

Aarón deMarcos Nine Búa Memoria de Pixel Films A Viaxe Stable de Producciones Audiovisuales Zapping de Francisco X. Rodríguez e Martín Vázquez

Obra Interactiva

O Camiño de Santiago na Coruña de Pixel Films Coruña, máis preto de Ilux Visual Technologies S.L. Quotidiania Delirante de Continental Producciones e Costa Oeste

Obra Publicitaria

Maloserá!! Vivamos como galegos de Congo Producciones Spot: Festival Internacional de Cine de Ourense de Mr Misto Films Spot: River Estrella Galicia de Veteranos Mondotropo S.L. Sport "Supersticiións" R.C. Celta de Vigo de Alén Filmes S.L.

Curtametraxe de animación

O Coidador de Gatos de Artefacto Producciones Audiovisuais A nena que tiña unha soa orella de Rubén Coca Nouturnio de Celanova de Raúl García Pérez Stop Explotación infantil de Alén Filmes S.L.

Documental

Alcaián, o primeiro partido de Alén Filmes S.L. e Zopilote S.L. A mirada de Anna de Adivina Producciones e Área TV Mulleres da raia de Diana Gonçalves Segredo da Frouxeira de EAF Produccións

Curtametraxe de ficción

Coser e cantar de Claqueta Coqueta, Rubén Riós e Alén Filmes O elixido de Chema Gagino O noveno principio de Iván Seoane X nada de Ficción Producciones

Película para televisión

O club da Calceta de Ficción Producciones, Diagona TV e TVG Conexión de Continental Producciones, Stopline Filmes e Prodigius Cinema

Longametraxe documental

Maruxa Mallo: metade anxo, metade marisco de SECC e Filmanova S.L. Que culpa ten o tomate de Tic Tac Producciones, Lagarto Cine, Púcara Films, Chullachaki Producciones, Pato Feo Films, Tvzero, cooperativa Estrella Films Señora de de O radio Verde e Medios Dixitais Sixty Tolos (A golpe de single) de Casa de Tolos S.L e TVG

Programa para televisión

Botarse ao monte de Bren Entertainment S.A. A Caixa Negra de Filmanova S.L. Miraxes de TVG Onda Curta de TVG

Serie de televisión

Matalobos de Voz Audiovisual, S.A. O Nordés de CTV e Zopilote Padre Casares de Voz Audiovisual, S.A.

Longametraxe

Galadas (Agallas) de Continental Producciones, Agallas IAE: Mucho Ruido Un bo home de Milou Films, Tornasol Films Sl, Catasfiore Films S.L. Agrupación de Interés Econo´mico 002 Cela 211 de Vaca Filjs, Telecinco Cinema e Morena Films Gordos de Filmanova Invest e Tesela PC

Universo culturagalega.gal

15/02/2010

Oitavo grao

Luis Tosar gaña o terceiro Goya por Cela 211, que conseguiu 8 estatuíñas