“Imperial café Cantante” acapara as candidaturas da XI edición dos premios María Casares

A victoria do café cantante

9/3/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Mellor espectáculo, director, actriz protagonista e dous dos tres actores secundarios. Son algunhas das dez candidaturas dos premios María Casares ás que opta “Imperial Café Cantante”, a superprodución de Teatro do Noroeste e o primeiro musical do teatro do país. Séguelle o CDG con cinco polas montaxes "Illa Reunión" e "O regreso ao deserto" (mellor vestiario, iluminación, actriz protagonista e espectáculo) e Áncora Producións e Teatro do Atlántico con catro. Os gañadores dos premios que concede a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena saberanse o 27 de marzo, no transcurso dunha gala que terá lugar no Teatro Rosalía da Coruña.

Máis información no web da AADTEG, en Galicia Hoxe e sobre anteriores candidaturas na nosa hemeroteca. Sobre a obra "lmperial Café Cantante" le o noso tema. Consulta a listaxe dos candidatos aquí (en pdf)

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Culturagalega, María Casares, Premios María Casares...