O IGAEM recupera o suspense no teatro con “Estigma”, a súa última montaxe

Distribución con caixa

30/4/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

"Estigma" é a montaxe que o IGAEM estrea este venres no Salón Teatro. Un espectáculo que aborda o xénero do suspense, moi infrecuente no eido teatral, onde os tres autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, ofrecen unha visión pouco optimista sobre a natureza humana. A obra foi coordinada por Dani Salgado dentro do programa de dramaturxia residente que inauguraba o IGAEM con "A piragua" de Cándido Pazó. Tanto esta montaxe como o “Kiosko das almas perdidas” do Centro Coreográfico Galego, xunto con “A boa persoa de Sezuán”, da vindeira temporada do CDG, contarán con 300.000 euros da Fundación Caixa Galicia para a súa distribución nos diferentes escenarios.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Teatro, Rubén Ruibal, Dani Salgado...