Cristina Domínguez, de Factoría Teatro, será a substituta de Ánxeles Cuña à fronte do Centro Dramático Galego

Da Factoría ao Centro

17/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A reunión que mantiña esta mañá o Consello Rector do IGAEM remataba cara á unha co nomeamento de Cristina Domínguez como nova directora do Centro Dramático Galego. Domínguez, que dirixía ata o de agora a compañía Factoría Teatro substituirá no posto a ourensá Ánxeles Cuña, que renunciou a semana pasada ao cargo. Domínguez é ademais profesora na Escola de Arte Dramática e a súa versión de "O tío vania" opta este ano a dez premios María Casares.

Máis información sobre Factoría Teatro en Emedous.com e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cristina Domínguez, Centro Dramático Galego, María Casares...