O vindeiro luns 14 sairá publicada a convocatoria das axudas para o sector escénico e musical, pero o boletÃn e-scena do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais avanza algúns datos. En primeiro lugar, que esta entidade destinará 2.120.000 euros a promover o sector, o que supón un 35% máis con respecto á última edición. O incremento afecta, sobre todo, á creación e a distribución, o que incide na idea apuntada en varias ocasións desde a ConsellarÃa de Cultura de fomentar a produción de danza, teatro, música e maxia e buscar novas vÃas para mover os espectáculos. Outra das novidades pasa pola introdución de elementos correctores nos baremos e que toda a documentación será valorada por tres comisións. Ademais, as axudas a investigación e estudo desaparecen en favor da formación especializada. Todo isto engádese ao xa anunciado “Crédito-Cultura”.
Máis información no boletÃn e-scena (en pdf) e nesta nova o Crédito Cultura