O IGAEM anuncia a creación de dúas liñas de axuda para a música galega

Subvencións sonoras

5/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O ano novo traerá dúas liñas de axuda destinadas á música galega: unha para a presenza e proxección exterior das empresas musicais e outra para a difusión dos traballos discográficos producidos no país. Con estas liñas de axuda, o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais subvenciona por primeira vez este sector. O anuncio chega da man do Boletín cultural e-scena, editado polo IGAEM, que anuncia que as axudas sairán publicadas en xaneiro no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Consulta o boletín e-scena número 8 no web do IGAEM

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Artes Escénicas, Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais