O Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas acolle hoxe, venres 22 de setembro, ás 21.00 horas, a preestrea do espectáculo teatral "Bailar no ceo", proxecto gañador da segunda edición da bolsa de dramaturxia e creación do Centro Dramático Galego. A montaxe da obra faise en coprodución entre o CDG e a compañía Xerpo. Irene Moreira encárgase da dirección da montaxe e, xunto coa autora do texto, Ana Abad de Larriva, da dramaturxia da obra para levala sobre o escenario. Ademais a autora forma parte do elenco interpretativo xunto con Cora Velasco, Rocío Otero e Álex Sobrino. Esta primeira posta en escena irá seguida dun coloquio e posteriormente, xa o sábado 23, terá lugar a estrea absoluta no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo ás 21.00 horas. O espectáculo teatral poderá verse despois en Ponteareas, o 12 de outubro; no Porriño, o 14 de outubro e chegará ao Salón Teatro de Santiago de Compostela o 29 de outubro.
Para 'Bailar no ceo' Ana Abad de Larriva inspirouse na historia de José Piñeiro, primeiro aviador galego e moi famoso polas súas arriscadas acrobacias aéreas, e Chichana Patiño, primeira muller en pilotar un avión en España e probablemente en Europa. A Bolsa de Dramaturxia e Creación gañada por este texto está impulsada pola compañía pública galega co fin de ofrecer un acompañamento integral a unha peza teatral, desde a propia escrita ata a súa produción e posterior distribución. A compañía do Porriño recibiu unha achega de 12.000 euros para materializar, no prazo dun ano, o espectáculo teatral. Xerpo presenta agora unha proposta multidisciplinar baixo a dirección de Irene Moreira, que combina teatro, pintura en directo, canto e deseño de trebellos a partir das interpretacións de Cora Velasco como Chichana, Álex Sobrino como Piñeiro e a propia Ana Abad de Larriva, quen compartirá co público os seus sentimentos e sensacións ao ver os seus pensamentos materializados en escena. Pola súa banda, a escenografía estará asinada por Beatriz de Vega e os audiovisuais correrán a cargo do artista multidisciplinar Roi Fernández, quen filmará tamén un documental a partir deste proxecto.