O proxecto de escrita 'Bailar no ceo' da actriz e dramaturga Ana Abad de Larriva resultou gañadora da segunda edición da Bolsa de dramaturxia impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG) e diversos colectivos do sector teatral e cultural galego. Ao abeiro da iniciativa, a autora recibirá 6.000 euros para desenvolver un texto que será levado a escena en 2023 como coprodución da unidade teatral da Xunta, a cargo da compañÃa que gañe a seguinte fase de selección, centrada na creación do espectáculo. A comisión de valoración destacou o uso de diversas linguaxes á hora de artellar a proposta, asà como "unha temática atractiva e innovadora que permite a recuperación de figuras históricas en relación co noso tempo presente e potencia as figuras de mulleres pioneiras en distintos campos". TÃvose tamén en conta a "concreción na exposición das ideas e o rigor no desenvolvemento, ademais da súa coidada presentación". Elixida de entre unha decena de candidaturas, na acta do fallo faise constar a alta calidade dos proxectos presentados e as importantes traxectorias das autorÃas.
Titulada na especialidade de Interpretación xestual pola Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, Ana Abad de Larriva é tamén licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago e doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo. Como dramaturga gañou en 2019 o Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais con A sombra das árbores, publicada na Editorial Galaxia, e, en 2021, o I Certame de Microteatro da Memoria con Un biolo na noite, editado pola Deputación de Pontevedra. O director do CDG, Fran Núñez, presidiu a comisión, composta por representantes da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Escena Galega, Academia Galega de Teatro, Consello da Cultura Galega, a sección de Galicia da Unión Internacional de Marioneta, Revista Galega de Teatro, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Asociación Galega de Dramaturxia, Federación Galega de Teatro Afeccionado, Asociación de Profesionais do Circo de Galicia, Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia e Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, xunto unha persoa profesional do xornalismo cultural.