A compañía Xerpo resultou gañadora da segunda fase da Bolsa de Dramaturxia e Creación, desenvolvida pola Xunta de Galicia, polo que coproducirá co Centro Dramático Galego o texto "Bailar no ceo", escrito por Ana Abad de Larriva que foi co que gañou a primeira fase desta mesma iniciativa. Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, fixo pública a resolución coa que se completa a segunda edición desta Bolsa de Dramaturxia e Creación, impulsada pola compañía pública galega co fin de ofrecer un acompañamento integral a unha peza teatral, desde a propia escrita ata a súa produción e posterior distribución. A compañía do Porriño recibirá unha achega de 12.000 euros para materializar, no prazo dun ano, un espectáculo teatral a partir de "Bailar no ceo". A historia de José Piñeiro, primeiro aviador galego e moi famoso polas súas arriscadas acrobacias aéreas, e Chichana Patiño, primeira muller en pilotar un avión en España e probablemente en Europa, inspira o texto de Ana Abad de Larriva. "Bailar no ceo" tomará o testemuño de "Relato para un incendio", espectáculo de aAntena a partir do texto homónimo co que Ernesto Is conseguiu a Bolsa de Dramaturxia na súa primeira edición.
No proxecto seleccionado para levalo ás táboas, Xerpo presenta unha proposta multidisciplinar baixo a dirección de Irene Moreira, que combina teatro, pintura en directo, canto e deseño de trebellos a partir das interpretacións de Cora Velasco como Chichana, Álex Sobrino como Piñeiro e a propia Ana Abad de Larriva, quen compartirá co público os seus sentimentos e sensacións ao ver os seus pensamentos materializados en escena. Pola súa banda, a escenografía estará asinada por Beatriz de Vega e os audiovisuais correrán a cargo do artista multidisciplinar Roi Fernández, quen filmará tamén un documental a partir deste proxecto. Con "Bailar no ceo", que ten previsto o inicio dos ensaios en agosto, Xerpo continuará afondando na súa liña de traballo arredor das novas dramaturxias e as novas tendencias escénicas tanto cos seus espectáculos propios como co labor de programación que desenvolveu ata 2020 á fronte da Sala Ingrávida do Porriño.