O CDG convoca a selección de proxectos para coproducir Bailar no ceo

O texto de Ana Abad de Larriva está dispoñible no web da compañía durante o proceso

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Con data do 2 de xaneiro de 2023 o Centro Dramático Galego abría o proceso de selección para a coprodución da posta en escena da obra Bailar no ceo. O texto co que Ana Abad de Larriva se fixo coa Bolsa de Dramaturxia do CDG contará cun financiamento de 15.000 euros por parte desta entidade, que cubrirá ata un 80% do orzamento total.

As compañías e entidades interesadas en desenvolver esta posta en escena dispoñen dun prazo de vinte días que comezan a contar este 3 de xaneiro para presentar os seus proxectos. No proceso de avaliación valorarase a proposta de dirección, as estratexias de difusión, a repercusión no fomento de públicos ou o contar con outras fontes de financiamento, ademais do interese cultural e artístico e a relevancia do proxecto. O texto de Ana Abad está dispoñible no web do Centro Dramático Galego durante o proceso de selección para o uso das persoas interesadas.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ana Abad de Larriva, Centro Dramático Galego

Claves

Protagonistas