O Salón Teatro, sede do Centro Dramático en Santiago de Compostela, acollÃa este 31 de xullo a presentación do proxecto gañador da III Bolsa de Dramaturxia desta entidade. O autor Santiago Cortegoso impúxose nesta convocatoria entre as 35 obras presentadas co seu proxecto Santa Bárbara. O autor recibirá unha bolsa de 6.000 euros en metálico e disporá de seis meses para completar o seu texto, que se levará a escena como unha coprodución entre o CDG e unha compañÃa privada que se escollerá nunha convocatoria aberta.
O xurado da bolsa salientou a "gran orixinalidade e actualidade" da proposta ao achegar "dilemas sobre a guerra, a fabricación de armas, o ecoloxismo e as relacións familiares, co noso contexto actual e o diálogo interxeracional como liñas centrais do traballo". Ao tempo, o fallo apunta o "forte compromiso polÃtico e social" do proxecto, que invita á reflexión.
Santa Bárbara ambiéntase en 2017 no feche da fábrica de armas deste nome situada na Coruña. A partir de aà conta o conflito entre unha filla e do seu pai, quen desenvolveu unha exitosa carreira laboral na factorÃa, por mor da ideoloxÃa da primeira.