A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Agadic, vén de publicar as bases da convocatoria da terceira edición da súa bolsa de dramaturxia, a través da que fará a selección dun proxecto de escrita dramática a partir do que poñer en marcha unha nova coprodución do Centro Dramático Galego. A convocatoria está aberta desde o dÃa seguinte a esta publicación e a bolsa conta cunha dotación de 6.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 27 de xuño.
Para optar á bolsa é preciso achegar un proxecto de escrita dramática que conteña unha sinopse/proposta do seu texto cun máximo de 10.000 caracteres (espazos incluÃdos) coa descrición do proxecto de dramaturxia que quere desenvolver. Resulta precisa tamén unha carta de motivación asà como a información da traxectoria da persoa ou persoas que participan na escrita. A Comisión encarga da valoración dos proxecto presentados deberá analizar, dun xeito global, todos eles e seleccionar aquel que mellor se adecúa á finalidade de servir de base a unha futura coprodución do CDG, tendo en conta os seguintes criterios: A calidade, oportunidade artÃstica e orixinalidade da proposta; a actualidade e interese da temática; a duración estimada da montaxe do texto que permita superar os 50 minutos e non supere os 75 minutos; que poida ser representada por un máximo de tres intérpretes; e tamén a traxectoria artÃstica e literaria das persoas candidatas.