A Bolsa de Dramaturxia e Creación, impulsada pola Axencia Galega das Industrias Culturais co apoio do Centro Dramático Galego (CDG) e DramaturGA (Asociación Galega de Dramaturxia), ten xa gañador na súa primeira edición. Relato para un incendio de Ernesto Is foi a seleccionada para esta proposta, e o comité responsable destacou "a acreditada solvencia do autor e a valoración que este fai da bolsa de dramaturxia como medio de crecemento artÃstico", asà como "a fonda conexión da temática coa nosa identidade como paÃs e a proposta de tratamento dramático cunha decidida aposta polo teatro contemporáneo e documental con base na nosa memoria colectiva". Is poderá agora completar o texto e a peza dramática resultante empregarase nunha coprodución do CDG, segundo as bases reguladoras da convocatoria.
Segundo recolle Erregueté "O punto de partida do proxecto de Is son dous sucesos verÃdicos acontecidos na comarca de Ordes: por unha banda, os estudos antropolóxicos de Gustav Henningsen en Ardemil durante a década dos anos 60, na procura dos últimos vestixios de bruxerÃa en Galicia; e pola outra, os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016". Material de traballo do propio Henningsen canda a documentos sobre feitos reais fan parte do proxecto dramático.