Redrum Teatro levará a escena a obra Santa Bárbara de Santiago Cortegoso

O autor desenvolvera o texto ao abeiro da III Bolsa de Dramaturxia do Centro Dramático Galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Redrum Teatro levará a escena a obra Santa Bárbara de Santiago Cortegoso

O Centro Dramático Galego daba a coñecer este 25 de xullo a resolución do contrato para levar a escena a obra gañadora da súa III Bolsa de Dramaturxia. Redrum Teatro impúxose nesta convocatoria e será a responsable de estrear a obra Santa Bárbara de Santiago Cortegoso.

A compañía coproducirá a obra co Centro Dramático e contará cun apoio de 25.000 euros para desenvolver o proxecto, que se poderá ver na temporada 2025-2026. Guillermo Carbajo e Alex Sampayo correrán coa dirección escénica do proxecto.

A comisión de valoración destacou do proxecto presentado por Redrum Teatro "o equilibrio entre a proposta artística e o modelo de produción garantindo a coherencia e sostibilidade do proxecto dentro do ecosistema escénico do país".

A obra de Cortegoso aborda "dilemas sobre a guerra, a fabricación de armas, o ecoloxismo e as relacións familiares, co noso contexto actual e o diálogo interxeracional como liñas centrais do traballo".

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Santiago Cortegoso, Redrum Teatro, Centro Dramático Galego...