Este xoves 11 de abril estréase a nova montaxe do Centro Dramático Galego: 'Os actos e as profecÃas', a produción central do 40º aniversario da compañÃa pública. A súa sede no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá 48 funcións ata o 26 de maio. Neste espectáculo Tamara Canosa (A Coruña, 1983) dirixe e asina a dramaturxia xunto co guionista e realizador audiovisual Xacio Baño (Xove, 1983), os dous coinciden en vir de superar eses 40 anos que cumpre o CDG, apostando deste xeito polos novos dramaturgos na súa efeméride.
Un elenco conformado por unha vintena de intérpretes de variada experiencia e traxectoria será o encargado de defender sobre as táboas esta obra, integrado no proxecto europeo Phōnē de arte dramática en linguas minorizadas: Sergio Abelaira, Marta Alonso Tejada, Mónica Camaño, Miguel Canalejo, Isolda Comesaña, Manuel Cortés, Antón Coucheiro Cou, Iván Davila, Raquel Espada, Xosé Manuel Esperante, Alba Fernández Cotelo, Sara Ferro, Atenea GarcÃa, Miguel Gendre, Raquel Nogueira Watson, Alba Recondo, Ana Santos Maneiro, Lois Soaxe, Jorge Varandela e AntÃa Vidal. En 'Os actos e as profecÃas' Canosa e Baño presentan unha reflexións sobre os talent shows eses formatos televisivos que combinan telerrealidade e concursos de talentos, conteñen moitas fendas vitais con potencialidade para amosar os puntos de fricción entre a vida e os soños, entre a vida desexada, soñada, idealizada, e o presente, segundo explica o dossier do espectáculo. 'Os actos e as profecÃas' lanza ao aire cuestións como o lugar do público na creación, a fama, a competición e as decisións vitais marcadas pola procura do éxito.