O Centro Dramático Galego (CDG) está a preparar a xira que desenvolverá coa súa nova produción, Martes de Carnaval, ao tempo que ultima os ensaios cara á estrea o 20 de abril no Salón Teatro de Santiago da que será a primeira montaxe en galego das pezas de Ramón MarÃa del Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán. Segundo o actualmente previsto a montaxe da compañÃa pública subirá aos escenarios 28 veces para o público xeral e catro máis en funcións matinais para escolares. A estas representación hai que engadir arestora a actuación prevista no Festival Tercera Setmana de Valencia o 11 de xuño no Teatro Principal valenciano na versión orixinal galega con sobretÃtulos. Das 28 actuacións no paÃs, 19 delas terán lugar na sede do CDG en Santiago, en dúas fases entre o 20 e o 23 de abril e posteriormente do 28 de xuño ao 16 de xullo. Entremedias Martes de Carnaval subirá nove veces a outros escenarios de Galicia: en Tui (5 de maio no Teatro Municipal), O Barco de Valdeorras (12 de maio no Teatro Municipal Lauro Olmo), Ourense (19 e 20 de maio no Teatro Principal), A Coruña (2 e 3 de xuño no Teatro RosalÃa Castro), Rianxo (9 de xuño no Auditorio Municipal), Pontevedra (15 de xuño no Auditorio Afundación) e Vigo (22 de xuño no Teatro Afundación).
Baixo a dirección da creadora pontevedresa Marta Pazos, o equipo artÃstico entrou xa na recta final dos ensaios das dúas pezas que integran a produción. Del forman parte os 10 intérpretes que encarnarán os seus máis de 30 personaxes: as actrices Iria Azevedo, Mercedes Castro, Anabell Gago e MarÃa Roja, e os actores César Cambeiro, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, Machi Salgado e Sergio Zearreta.