Ampla participación galega no Festival de Teatro de Expressão Ibérica do Porto

O encontro terá lugar do 26 de maio ao 10 de xuño

14/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Moitas novidades nesta 32 edición do Festival de Teatro de Expressão Ibérica do Porto (FITEI). Amplían os escenarios fóra de Porto, incorporan danza, performance, artes plásticas e literatura a un cartel que conta cun maior número de actividades paralelas. E en todo este festival de teatro haberá unha ampla representación galega. A estrea de Wake Up, de Nut Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego irá acompañada dos espectáculos Animales Artificiales, de Matarile Teatro; Ven, da compañía de danza Entremans; e A Invasión Pirata, de Troula Animación participarán neste encontro que se desenvolverá do 26 de maio ao 10 de xuño.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Animación, Literatura...