Cámara Negra estrea Clausura de amor en coprodución do CDG

O Salón Teatro acolle a montaxe deste este xoves 17 ao domingo 20 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Escena de Clausura do amor

Escena de Clausura do amor

Clausura do amor, un dos textos máis representados de Pascal Rambert, chega ao Teatro Principal de Compostela como coprodución entre a compañía Cámara Negra e o Centro Dramático Galego. Carlos Álvarez-Ossorio adaptou e dirixe a montaxe que conta con Teté García e Xosé Manuel Esperante sobre as táboas, a representar a historia dunha parella en plena ruptura sentimental. Segundo explica a presentación do proxecto, "os protagonistas intercambian monólogos que expresan a violencia dunha relación en proceso de defunción. Os dous intérpretes defenden unha posta en escena de resistencia física e emocional, encarando un texto visceral sobre o fin amor". A obra poderá verse desde este xoves 17 ao domingo 20 de setembro.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Xosé Manuel Esperante, Carlos Álvarez...