A idealización do amor explicada a partir do eixe dos sete pecados capitais. Esta é a base de Amor flexible, a comedia que Redrum Teatro estrea esta mesma noite en Vedra. Mela Casal, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa protagonizan a obra que dirixe Alex Sampayo e na que os intereses dunha nai e dunha filla se interpoñen na relación e parella desta última. A montaxe poderá verse mañá e pasado no Teatro RosalÃa de Castro da Coruña e o vindeiro 7 de marzo no Teatro Principal de Santiago.
Dosier de Amor flexible.