Redrum Teatro estrea o día 14 a comedia 'Estás aí?' no Teatro Colón

Alex Sampayo dirixe a Xulio Abonjo e Isabel Risco na nova produción

Os actores Xulio Abonjo e Isabel Risco protagonizan o novo espectáculo producido por Redrum teatro, a obra Estás aí?. O Teatro Colón da Coruña acolle o vindeiro 14 de abril a estrea desta montaxe con dirección di lalinense Alex Sampayo, sobre un texto do arxentino Javier Daulte. Estás aí? é unha comedia que narra os desencontros dunha parella ao mudarse a un apartamento ocupado por unha personaxe invisible coa que teñen que convivir que lles fará cuestionarse a súa relación. Durante o proceso descubrirán que, as veces, as cousas non son o que parecen e que a forma en que nos comunicamos pode construír barreiras ou destruílas. Estás aí? fará funcións no Teatro Colón os días 14 e 15 para despois inciar unha xira da que xa hai dez datas dispoñibles e que comezará en Redondela o vindeiro 21 de abril para seguir por Cerdedo-Cotobade, Teo, Vilalba, O Rosal, Ponte Caldelas, e xa en outubro Cambre, A Illa de Arousa, Riveira e Cariño.


ESTÁS AÍ? Vídeo promocional from Redrum Teatro on Vimeo.