Redrum estrea 'Nas Nubes' en Ourense

Alex Sampaio dirixe esta comedia distópica sobre os impactos da tecnoloxía

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculosTeatroEstreas
Compartir:
Redrum estrea 'Nas Nubes' en Ourense

O Teatro Principal de Ourense acolle este vindeiro sábado, 15 de novembro, a estrea de 'Nas Nubes', a nova montaxe escénica da compañía Redrum Teatro. Alex Sampayo dirixe esta comedia sobre texto de José Luis Baños de Cos e que protagonizan Xúlio Abonjo, Carlota Mosquera e Guillermo Carbajo. A trama futurista, pero non moito, ten un transfundo de reflexión sobre os impactos tecnolóxicos na vida humana, a identidade e a memoria colectiva e as transformacións que provocan. O espectáculo poderá verse en videiras datas en A Laracha e Lugo.

En Nas Nubes, Nexus e Rino guían a visitantes por un museo que exhibe estrañas reliquias da era predixital. O que comeza como unha sátira sobre o noso presente, pronto se converte nunha inquietante reflexión cando as bolboretas que emerxen dun bonsai comezan a lembrar que foron algo máis… Seres humanos? Monicreques? Entre risos, surrealismo, números circenses e xogos de improvisación, este espectáculo lánzanos unha pregunta profunda: Que é real cando a propia lembranza desvanécese nas nubes? Nas Nubes explora a relación entre a tecnoloxía e a deshumanización. Nexus e Rino, os guías do museo representan a unha sociedade futura que perdeu completamente o contacto coas experiencias físicas e emocionais do pasado. Ao observar obxectos cotiás, os personaxes considéranos vestixios dunha era primitiva, ignorando o seu valor simbólico. Isto pon de relevo como a tecnoloxía non só nos transforma, senón que tamén redefine a nosa percepción do pasado e da nosa propia humanidade. Nas Nubes é un espectáculo que conecta humorísticamente coas tensións modernas entre a tecnoloxía e a humanidade, facendo que o público advirta as consecuencias dun mundo onde o virtual e o automatizado substitúen cada vez máis nosas experiencias e conexións físicas.

Que che parece esta nova?
154 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Comedia, Teatro, Tecnoloxía, Espectáculo...