Chega a escena Rastros, adaptación dun texto de Roberto Vidal Bolaño

O Teatro Principal de Santiago acolle a coprodución do CDG e Condetrespés os días 4 e 5 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Chega a escena Rastros, adaptación dun texto de Roberto Vidal Bolaño

Cando se fan vinte anos do falecemento de Roberto Vidal Bolaño chega ás táboas unha nova adaptación dun dos seus textos. Lois Blanco Araúxo dirixe Rastros, unha coprodución entre a compañía Condetrespés co Centro Dramático Galego. O Teatro Principal de Santiago acolle os días 4 e 5 deste mes a estrea da obra, que terá sobre as táboas a Antea Rodríguez, Muriel Pernas, Pablo Carrera e Mateo Franco como protagonistas.

A tentativa de suicidio dunha muller serve de punto de partida nunha obra na que a protagonista se confronta con tres homesa da súa vida, un escritor, un especialista en estrutura económica que vende electrodomésticos e un preso independentista. Segundo destaca Condetrespés na presentación da obra, "a protagonista de Rastros é unha muller descaradamente libre. Seguramente anticipada aos tempos de hoxe" e supón "un dos personaxes femininos máis interesantes que produciu a dramaturxia galega, unha libertaria finisecular que tería topado o seu lugar nas manifestacións feministas de hoxe".

A xira do proxecto ten previstas novas funcións en Vimianzo, Carballo, Cee, Narón, Ourense, O Barco de Valdeorras, Viveiro, A Estrada, Redondela e na Coruña.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Vidal Bolaño, Teatro, Centro Dramático Galego, Barco de Valdeorras...