Santiago está estes dÃas máis teatreira que nunca. En primeiro lugar por que onte Juan Echanove encheu de aplausos o Teatro Principal coa representación de "El Verdugo". E se falamos de teatro, mañá terá lugar en Galicia a estrea de "Mar revolto". A obra do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño narra un episodio real que aconteceu en alta mar e que chega a Compostela logo da súa estrea en Porto, dentro do manifesto "Camiños teatrais, Galicia/Norte de Portugal".
Contra a pena de morte
"O verdugo" de Luis Berlanga foi o protagonista indiscutible do Teatro Principal a noite do martes. A versión teatral do filme de Berlanga e Lalo Azcona ofrece unha visión cómica da pena de morte a través da ollada do propio executor. Un verdugo interpetado por un Juan Echanove que profundizou que ademais de ser un alegato en contra da pena de morte, é ademais, un alegato en favor da integridade fronte ó mundo exterior que oprime.
Desde a súa estrea , en marzo do 200 en Madrid, nos datos de "O Verdugo" destaca, 500 representacións e 350.000 espectadores.
O cartel de "O Verdugo" está formado por nove actores, entre os que destacan Luisa MartÃn e Alfred Lucchetti.
Esperada estrea
Este é un ano de recoñecemento para Vidal Bolaño. Recentemente acaba de ser galardoado cos premios MarÃa Casares de teatro e o MAX ó mellor autor en lingua galega. E ambos os dous premios pola obra "Creaturas". Logo deste recoñecemento, Roberto Vidal Bolaño preparou unha obra. Unha encarga que lle fxo o Centro Dramático Galego para o que só tiña dúas condicións: unha económica (poucas personaxes)e outra conceptual (cun espacio ficcional común entre Galicia e Portugal). E o resultado foi "Mar revolto", unha obra que narra un suceso histórico: o secuestro en alta mar do trasatlántico Santa MarÃa da man dun comando luso-galego do DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación).