Vigo adquire a "Barca espacial" de Laxeiro

Esta pintura de gran formato custou 120.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Laxeiro, Barca espacial. Concello de Vigo

Laxeiro, Barca espacial. Concello de Vigo

A xunta de goberno do concello de Vigo adquiriu a obra de Laxeiro "Barca espacial", un cadro de gran formato (139x205 centímetros) que pasará a formar pate da exposición permanente da colección de arte galega da cidade. O lenzo foi pintado por Laxeiro en Bos Aires no ano 1961 e atópase en "moi bo estado de conservación". O custe do cadro foi de 120.000 euros. Para o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a obra "é un dos cumes da súa carreira e foi realizada nun momento de plena madurez, estabilidade e prestixio profesional".

Que che parece esta nova?
143 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Abel Caballero, Concello de Vigo, Bos Aires

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares