Silverio Rivas é recoñecido co Premio Laxeiro

Unha cea acolleu o pasado día 20 a entrega do galardón en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Silverio Rivas é recoñecido co Premio Laxeiro

A Fundación Laxeiro recoñeceu co Premio Laxeiro 2015 ao escultor ponteareán Silverio Rivas. Unha cea o pasado venres 20 de febreiro acolleu en Vigo a entrega do galardón, que estrea formato nesta edición e que consiste nun gravado de Raimundo Orozco. O alcalde de Vigo e presidente da Fundación Laxeiro, Abel Caballero, entregou o premio ao escultor que realizou recentemente unha obra na Praza do Bicentenario da Cidade Olívica. Rivas, pioneiro da escultura abstracta en Galicia, fixo parte do movemento Atlántica e desenvolve a súa actividade entre Galicia e París.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Vigo, Fundación Laxeiro, Abel Caballero...

Claves

Protagonistas
Entidades