Ledicia Costas gaña a XVIIª edición do Premio Laxeiro

O Padroado da Fundación Laxeiro recoñece a súa achega á renovación xeracional das letras

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedadeLingua
Compartir:

A escritora viguesa Ledicia Costas recibirá o Premio Laxeiro como recoñecemento á súa inestimable achega á renovación xeracional das letras, así como á difusión e internacionalización da cultura galega entre as novas xeracións, segundo deixou constancia en acta o Padroado da Fundación Laxeiro. O nome da premiada desta XVIIª edición do premio decidiuse na reunión anual do Padroado levada a cabo no pasado o pasado 12 de decembro e deuse a coñecer hoxe. O galardón será entregado o sábado, 22 de febreiro no Hotel NH de Vigo. polo Presidente da Fundación Laxeiro, Abel Caballero, na tradicional comida anual que se celebra todos os anos, no aniversario do nacemento de Laxeiro que, en 2020 cumpriría 112 anos.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Fundación Laxeiro, Ledicia Costas, Abel Caballero...

Claves

Entidades
Lugares