A Fundación Laxeiro ven de recoñecer co seu galardón de honra, que sinala o mérito dunha traxectoria a prol da cultura galega, ao músico RodrÃgo Romanà (Noia, 1957). O premio foi fallado por unanimidade o pasado 18 de febreiro, na Reunión Extraordinaria do Padroado desta Fundación dedicada ao pintor José Otero Abeledo 'Laxeiro'. Deste xeito a fundación recoñece en Romanà toda unha vida dedicada á renovación da música tradicional galega, como membro fundador do mÃtico grupo Milladoiro, e tamén como un dos introdutores da arpa céltica en Galicia, ademais de impulsor de proxectos como a Orquestra SonDeSeu, e do seu labor como docente no Conservatorio de Música tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, segundo consta na acta da devandita reunión.
Debido á situación sanitaria, o Presidente da fundación, Abel Caballero, fará entrega do premio na sede da Fundación Laxeiro, en data aÃnda sen fixar. O galardón era habitualmente entregado na tradicional comida que todos os anos se celebra ao redor do 23 de febreiro, 113º aniversario este ano do nacemento de Laxeiro, pero que non se pode levar a cabo na actuaisi circunstancias.