Amancio Prada leva o Premio Laxeiro 2016

A fundación do pintor recoñece o seu labor pola universalización da nosa cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O padroado da Fundación Laxeiro acordou outorgarlle o galardón que leva o nome do pintor a Amancio Prada na súa XIII edición. O premio recoñece "o labor na difusión e universalización da Cultura galega, neste caso, no eido das letras e da música", que desenvolve o cantor berciano. A Fundación lembra que Prada musicou "poemas de autores como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, ademais da lírica popular galega e a lírica trobadoresca galaico portuguesa e mesmo a obra en galego de Lorca, en numerosas referencias discográficas e espectáculos que, sen dúbida contribuíron dunha forma decisiva a universalizar as letras, a música e a cultura galegas".
A entrega desenvolverase o vindeiro 19 de febreiro no transcurso da comida coa que a fundación conmemora anualmente o pintor.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Lorca, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro...