O arquitecto Jaime Garrido recibe o premio Laxeiro

A Fundación que leva o nome do pintor entregou o galardón o pasado venres 17

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Arquitecto, urbanista ou membro fundador do Instituto de Estudos Vigueses son algúns dos méritos que lle valeron a Jaime Garrido facerse co Premio Laxeiro 2017. A fundación que leva o nome do pintor fíxolle entrega a este activista vigués do galardón no xantar de homenaxe que se celebrou o pasado venres 17 na Cidade Olívica. O xurado que seleccionou o gañador deste galardón, que "recoñece toda unha traxectoria de traballo na potenciación e o enriquecemento da nosa cultura" apuntou que o galardoado resulta "unha personalidade imprescindible na revisión do noso patrimonio arquitectónico, unha voz, sempre erudita e crítica que contribúe de forma decisiva ao noso enriquecemento cultural", segundo recolle La Voz de Galicia.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, La Voz de Galicia, Cidade Olívica

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares